Saltar ao contido

Black Elk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Modelo:BiografíaBlack Elk

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de decembro de 1863 Editar o valor en Wikidata
Río Powder, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte19 de agosto de 1950 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Reserva india de Pine Ridge, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaManderson-White Horse Creek Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo lakota Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoRito Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncurandeiro, Xefe tribal, Heyoka, curandeiro Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento

BNE: XX858062 WikiTree: Lakota-30 Find a Grave: 83920654 Editar o valor en Wikidata

Heȟáka Sápa (Black Elk) (en galego Alce Negro), nado en decembro de 1863 e finado o 19 de agosto de 1950, foi un famoso Wičháša Wakȟáŋ (médico ou home santo) dos Oglala Lakota (Sioux). Foi un Heyoka e primo segundo de Cabalo Tolo.

Con 12 anos participou na batalla de Little Bighorn de 1876, e foi ferido no Masacre de Wounded Knee en 1890. Black Elk casou coa súa primeira muller, Katie War Bonnett, en 1892. Ela converteuse ó catolicismo e os seus tres fillos foron bautizados. Despois da morte da súa esposa en 1903, Black Elk tamén foi bautizado, tomando o nome de Nicholas Black Elk, e continuando como líder espiritual da tribo, xa que el non vía contradición entre as tradicións tribais e o cristianismo.

En 1905 volveu casar, cunha viúva con dúas fillas de nome Anna Brings White, e coa que tivo tres fillos máis, permanecendo con ela ata que morreu en 1941.

Cara a fin da súa vida, Black Elk contou a historia da súa vida e un bo número de rituais sagrados Sioux a John Neihardt e a Joseph Epes Brown para que fose publicado. As súas narracións obtiveron un considerable interese por parte do público.

Libros

Libros de Black Elk
Libros sobre Black Elk

Notas

Véxase tamén

Outros artigos