Billetes da coroa eslovaca (1939-45)
Aparencia
En 1939, billetes checoslovacos de 100, 500 e 1000 korún da coroa checoslovaca foron reselados coa lenda SLOVENSKÝ ŠTÁT para ser usados na República eslovaca. Ese mesmo ano foron introducidos polo goberno os primeiros billetes da coroa eslovaca, que eran de 10 e 20 koruna.
Valor facial e tamaño |
Imaxe | Anverso | Reverso | Data da emisión | Substituído pola Coroa checoslovaca |
---|---|---|---|---|---|
5 korún 122 × 59 mm |
A rapaza de 10 anos Hanička Ištvanikova. | Motivos da natureza de Eslovaquia. | 15 de febreiro de 1945 | 31 de outubro de 1945 | |
10 korún 142 × 72 mm |
O sacerdote católico Andrej Hlinka. | Rapaza nova, valor facial. | 23 de outubro de 1939 | 31 de outubro de 1945 | |
10 korún 131 × 62 mm |
O lingüista Ľudovít Štúr | Produtos manufacturados eslovacos. | 26 de outubro de 1944 | 31 de outubro de 1945 | |
20 korún 153 × 76 mm |
O sacerdote católico Andrej Hlinka | Tumba de Milan Rastislav Štefánik no monte Bradlo. | 9 de decembro de 1939 | 31 de outubro de 1945 | |
20 korún 139 × 67 mm |
O poeta e tradutor Ján Hollý | Utensilios de cociña eslovacos. | 25 de setembro de 1943 | 31 de outubro de 1945 | |
50 korún 127 × 67 mm |
Nenos co traxe tradicional eslovaco (Kroj). | Castelo de Orava | 18 de decembro de 1940 | 31 de outubro de 1945 | |
100 korún 127 × 73 mm |
Príncipe Pribina | Cidadán eslavo | 1 de setembro de 1941 | 31 de outubro de 1945 | |
500 korún 175 × 85 mm |
O bandoleiro eslovaco Juraj Jánošík | Montes Tatra | 26 de outubros de 1944 | 31 de outubro de 1945 | |
1000 korún 192 × 90 mm |
Svatopluk I da Gran Moravia | Escudo de armas de Eslovaquia | 17 de agosto de 1942 | 31 de outubro de 1945 | |
5000 korún 203 × 96 mm |
Mojmir I de Moravia | Escudo de armas de Eslovaquia | Só imprimido | Só imprimido |