Saltar ao contido

Marquis Daniels

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarquis Daniels

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xaneiro de 1981 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Orlando, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Auburn
Mount Zion Christian Academy (en) Traducir
Edgewater High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura198 cm Editar o valor en Wikidata
Peso91 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2003 Editar o valor en Wikidata - 2013 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla e Escolta Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Dallas Mavericks
- Boston Celtics
- Indiana Pacers
- Milwaukee Bucks
1999-2003 Auburn Tigers men's basketball (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Twitter: Marquis_Daniels Editar o valor en Wikidata

Marquis Antwane Daniels, nado o 7 de xaneiro de 1981 en Orlando, Florida, é un xogador profesional norteamericano de baloncesto que actualmente é axente libre.

Universidade

[editar | editar a fonte]

Antes de xogar na universidade, fíxoo no Insituto Edgewater en Orlando antes de ser transferido a Mt. Zion Christian Academy, a mesma escola á que asistiu Tracy McGrady. Na Universida de Auburn, Daniels fixo 18,4 puntos, 6,2 rebotes, 3,3 asistencias e 2,3 roubos de balón por partido no seu ano sénior, sendo nomeado no segundo quinteto da Southeastern Conference e MVP (tamén o foi nas súas tempadas de sophomore e júnior).

Dallas Mavericks

[editar | editar a fonte]

Tras non ser drafteado, Dallas Mavericks fichoulle como axente libre, converténdose nunha das sorpresas máis agradables da tempada. Don Nelson confiou nel, e con poucos minutos en cancha (18,6 de media), os seus números foron de 8,5 puntos, 2,6 rebotes e 2,1 asistencias en 56 partidos, 15 deles de titular. Nos once últimos partidos da tempada regular fixo máis de 20 puntos por noite, anotando por encima dos 30 puntos en tres ocasións en pouco máis de tres semanas. O 2 de marzo de 2004 estivo preto de asinar o seu primeiro triplo dobre, anotando 14 puntos, 9 rebotes e 9 asistencias en 45 minutos ante Seattle SuperSonics. Na pretempada, asinou un contrato de 38 millóns por 6 anos cos Mavericks.

Na súa segunda tempada nos Mavericks, apareceu en 60 partidos, 17 de titular, facendo 9,1 puntos, 3,6 rebotes, 2,1 asistencias e 1.38 roubos en 23,5 minutos de xogo. Anotou en dobres figuras en 28 ocasións e por encima dos 20 puntos tres veces. Ao ano seguinte, os seus números eran semellantes aos dos seus dúas primeiras campañas na liga, estancándose no seu xogo e sen chegar a estoupar como se lle presumía na súa tempada de rookie.

Indiana Pacers

[editar | editar a fonte]

O 6 de xullo de 2006, foi traspasado a Indiana Pacers a cambio de Austin Croshere. En Indiana, debido ás lesións só puido disputar 45 partidos, contando pouco para Rick Carlisle con 17.8 minutos en cancha. Nese tempo, os seus números foron de 7.1 puntos e 1.8 rebotes por partido.

Boston Celtics

[editar | editar a fonte]

O 1 de setembro de 2009, Daniels asinou un contrato cos Boston Celtics.[1]

O 24 de febreiro de 2011, Daniels foi traspasado ós Sacramento Kings a cambio dunha elección protexida de segunda rolda do Draft de 2017.[2] Este traspaso axudou ós Celtics a reducir o seu imposto de luxo, e axudou ós Kings a aumentar o seu límite salarial para cubrir o mínimo requirido pola liga.[3] Este traspaso deulle ós Celtics ademais un trade exception e un óco no equipo.[4] Daniels non chegou a xogar cos Kings, e converteuse en axente libre o 1 de xullo de 2011.

Tras o remate do lockout da NBA de 2011, Daniels asinou de novo cos Celtics un contrato por un ano.[5]

Milwaukee Bucks

[editar | editar a fonte]

O 25 de setembro de 2012, Daniels uniuse ós Milwaukee Bucks.[6]

  1. Celtics sign former Pacers G Marquis Daniels Arquivado 06 de novembro de 2012 en Wayback Machine.. NBA.com. Consultado o 2 de setembro de 2009.
  2. Kings Acquire Marquis Daniels. NBA.com. Retrieved on February 2, 2012.
  3. Kings checkmated by money, luck. Simmons, Bill. ESPN.com. Consultado o 2 de febreiro de 2012.
  4. Revisiting the Marquis Daniels trade. Forsberg, Chris. ESPN.com. Consultado o 2 de febreiro de 2012.
  5. Celtics Sign Marquis Daniels. NBA.com. Consultado o 2 de febreiro de 2012.
  6. "Milwaukee Bucks sign Marquis Daniels". Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2014. Consultado o 06 de outubro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]