Mead (cráter)
Mead | |
---|---|
Imaxe de radar do cráter Mead. As bandas verticais están asociadas ó procesado dos datos do radar, a iluminación ven dende a esquerda cun ángulo de 45° | |
Tipo de accidente xeolóxico | Cráter |
Accidente xeolóxico de | Venus |
Diámetro | 270 km[1] |
Profundidade | ? |
Coordenadas | 12,5° N 57,2° E[1](coord. centrais) |
Procedencia do nome | en honra a antropóloga americana Margaret Mead.[1] |
Mead é o cráter de impacto máis grande do planeta Venus, e fica exactamente nas coordenadas 12,5° N 57,2° E.[1] Ten máis de 270 km de diámetro[1] e posúe dous aneis concéntricos cara ao bordo do cráter. O seu chan semella ter unha morfoloxía moi semellante ás chairas que rodean o cráter.
Mead está clasificado coma un cráter de múltiples aneis, e considerase que a escarpa máis interior é o bordo da cavidade orixinal do cráter. Non se observa ningún anel central ou pico central en Mead. A presenza de moitos grumos, brillantes ó radar que cruzan o chan escuro ó radar do cráter e os terreos adxacentes ás cristas dos bordos do cráter, suxiren a probabilidade de que o chan sexa único bloque que é concéntrico á cavidade orixinal do cráter pero que se estende moito máis aló dos límites das cristas do bordo do cráter. O chan plano e que vai sendo máis brillante cara ó interior é interpretado como o resultado dun proceso de recheo da cavidade orixinal do cráter por parte de rochas fundidas debido ó calor do impacto inicial ou polo recheo de lavas de orixe volcánica. Cara ó sueste dos bordos do cráter, o material expulsado polo impacto parece ser que foi detido pola presenza de cadeas montañosas preexistentes, impedindo así un proceso normal de depositación deste material.[2]
Recibiu o seu nome en honra a antropóloga americana Margaret Mead.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 USGS Astrogeology (ed.). "Planetary Names: Crater, craters: Mead on Venus". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 13-12-2011.
- ↑ JPL/NASA (ed.). "PIA00148: Venus - Mead Crater". Photojournal. Consultado o 13-12-2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Imaxe do cráter Mead Arquivado 17 de xaneiro de 2006 en Wayback Machine.